viernes, 19 de febrero de 2010

sábado 20 de febreiro actúan no Tabasco " Os Tabernícolas do Leiradal

Mañá, sábado 20 de febreiro actúan no Tabasco " Os Tabernícolas do Leiradal ", grupo formado por profesores dos institutos de Muros e Carnota que xa nos deleitaron coas súas interpretacións de temas popolares durante a celebración do magosto que puxo punto final á II muiñada organizada pola A.C. C. Terra de Outes en 2008, ademais de acompañarnos un dos seus integrantes (Emiliano Mourenza) coas súas interpretacións musicais na inauguración do Xardín da Memoria que esta Asociación construiu ao redor do monumento da vítimas do franquismo no ano 2009, no Freixo.

A actuación deste grupo vai poñer tamén punto final ao pub que durante 26 anos animaou a vida noctura, pero tamén cultural e rivindicativa non só de Outes, senón de toda a comarca. Motivo polo que, desde a directiva de Terra de Outes, facemos un especial chamamento a todos os socios e socias a asistir á caída do telón do teatro onde se representaron algunas das actuacións máis festivas da Plataforma Nunca Máis, de cuxo empuxe mobilizador naceu a nosa Asociación.
Por outra parte, según dicía na propaganda, a empresa xestora do pub invita a unha copa ( non sabemos se se refire ao primeiro que chegue, ou unha para cada un). Alí nos vemos (e saímos de dúbidas).

No hay comentarios: